Beschreibung
Produktdetails
Einband
Taschenbuch
Erscheinungsdatum
01.10.1996
Verlag
Edicións Xerais de Galicia, S.A.Seitenzahl
336
Maße (L/B)
21/13 cm
Übersetzt von
Moncha Fuentes Arias
Sprache
Spanisch
ISBN
978-84-8302-038-8
O lobo guerrilleiro -a novela coa que Bento da Cruz obtivo o Premio Diário de Noticias en 1991- narra a vida de André Lobo, nacido no Barroso e fillo de labradores, que transcorre entre amores desenfreados, intrigas familiares, contrabandistas e guerrilleiros, paisaxes case virxes e un minucioso encadramento político-social. Se o azar dunha primeira paixón, levou a André Lobo a ingresar na garda fiscal, a segunda, déixao desconcertado cunha inagardada fin. Tamén o azar, levarao a apaixonarse perdidamente por Consuelo, unha fermosa guerrilleira antifranquista que alterará o rumbo da vida de Lobo. Ao mesmo tempo, nesta apaixonante novela, os lectores son confrontados coa realidade barrosana, cos problemas da Guerra Civil española e coas súas consecuencias, mesturadas nunha intensa paixón, que dá ó amor a característica dun estado de levedade. O Lobo guerrilleiro, traducido fermosamente para o galego por Moncha Fuentes Arias, -en boa parte consecuencia do forte impacto da guerrilla antifranquista galega nas terras portuguesas veciñas- é, pois, unha complexa intriga de maquis e de violencia situada nos anos posteriores a 1936, pero tamén é unha mostra grandiosa da sociedade labrega da terra do Barroso e da capital, Montalegre, onde radican os poderes caciquís e a mediocridade política. Unha novela de grande éxito en Portugal, que apaixonará, tamén, ao público galego.
Kundinnen und Kunden meinen
Verfassen Sie die erste Bewertung zu diesem Artikel
Helfen Sie anderen Kund*innen durch Ihre Meinung