Oya Martínez, M: Vinganza da mancha
Fr. 21.90
inkl. gesetzl. MwSt.,
-
Kostenlose Lieferung ab Fr. 30 Einkaufswert
Schweiz & Liechtenstein:
Versandkostenfrei ab Fr. 30.00
Versandkosten bis Fr. 30.00: Fr. 3.50Andere Lieferländer
Fr. 18.00 unabhängig vom Warenwert
Beschreibung
Produktdetails
Einband
Taschenbuch
Erscheinungsdatum
September 2000
Illustriert von
Chema García
Verlag
Fundación Santa María-Ediciones SMSeitenzahl
128
Maße (L/B)
19/12 cm
ISBN
978-84-348-7074-1
O primeiro día das vacacións de verán, Xan recibiu por correo un novo "couso", unha nova mancha nun papel. Tamén os seus amigos Pedro e Manuel. Antes chegáranlles outras. Comezaran a recibilas desde que, obrigados a limpar o patio da escola, intentando agachar o lixo na leñeira, viran un lenzo cunha mancha noxenta da que se burlaran. Os envíos debían ser a vinganza da mancha polas súas risas.
Foron de noite á caseta e viron sorprendidos que o lenzo era a copia dun cadro de William Turner reproducido nunha revista de arte. Sentáronse en círculo arredor da pintura, en actitude de respecto. De súpeto, as tres manchas xuntáronse formando a figura dunha locomotora, que se puxo en marcha en dirección ao cadro.
Atopáronse nun tren fantasma circulando a toda velocidade. Sós. Percorreron os vagóns ata que no restaurante atoparon o inspector xefe de Scotland Yard. Explicoulles que estaba protexendo o tren, que transportaba un cargamento moi valioso de lingotes de ouro con destino ao Banco de Londres. Noutro compartimento viron cómo alguén intentaba asasinar un policía. ¡Ía tamén unha perigosa banda de ladróns de ouro!
Volveron onda o inspector, que se estaba dando un gran banquete e adoptara a forma espectral dun mozo con dentes de ouro. Ata que se esvaeceu. Fuxindo da mesta nube de fume negro que os perseguía, recuaron seguindo a unha nube branca protectora deica o derradeiro vagón. Cando pasaba por unha ponte, antes de que despegase da terra, botáronse en marcha a un lago negro, que resultou ser a lagoa Estixia. Caeron na barca de Caronte, un vello de barbas brancas empeñado en conducilos perante o can Cerbero como se estivesen mortos. Desfixérose del, remando ata tornar ao mundo dos vivos.
Cansos, quedaron durmidos. Acordaron do soño diante do cadro. Decatáronse de que nel había algo máis que unha mancha: a lagoa, Caronte.... Saíron da escola. Atrás deles, sorría un home: ¿o inspector-mozo-barqueiro ou o xardineiro-garda-pintor?
Noch keine Bewertungen vorhanden
Verfassen Sie die erste Bewertung zu diesem Artikel
Helfen Sie anderen Kundinnen und Kunden durch Ihre Meinung.