Vázquez Pintor, X: Tal era vivir : os vellos oficios III
Fr. 41.90
inkl. gesetzl. MwSt.,
Beschreibung
Produktdetails
Einband
Taschenbuch
Erscheinungsdatum
01.07.2004
Verlag
Edicións Xerais de Galicia, S.A.Seitenzahl
168
Maße (L/B)
22/15 cm
ISBN
978-84-9782-191-9
¿Tal era vivir¿ é a terceira e última entrega dos ensaios antropolóxicos que Xosé Vázquez Pintor comezou n¿ ¿Os vellos oficios¿ e continuou con ¿A tribo sabe¿. O autor achégase á vida dos colmeiros que preparan o teitado das últimas pallozas do Cebreiro e dos canteiros ou pedreiros do Campo de Xastre, en Agolada, que labraban a fermosa arquitectura das fontes e feiras de Galicia, ao tempo que recupera a fala dos arxinas de Cerdedo e dos mestres da pedra de máis sona das terras de Montes; dá conta dos labores e da fala dos cesteiros ou bogardes de Mondariz e dos cereiros ou borreiros (xeralmente tamén capadores) de Forcarei. O traballo dos encadernadores de Viveiro, dos ferradores de Penaporrín e dos aceiteiros de Quiroga son igualmente reconstruídos a partir dunha memoria viva aínda conservada polos artesáns destes vellos oficios de noso. Particular importancia ten no volume a recuperación das carreiras do cordel, a actividade artesanal de confección de cabos e cordas, empregados en oficios agrarios e mariñeiros, que se desenvolve na parroquia de Meira do concello de Moaña. O volume inclúe un completo apartado fotográfico e un apéndice onde se recollen a fala ou xerga dos arxinas de Pontevedra e o dos cesteiros de Mondariz.
Noch keine Bewertungen vorhanden
Verfassen Sie die erste Bewertung zu diesem Artikel
Helfen Sie anderen Kundinnen und Kunden durch Ihre Meinung.