Beschreibung
Produktdetails
Einband
Taschenbuch
Erscheinungsdatum
01.11.2019
Verlag
Faktoría K de LibrosSeitenzahl
320
Maße (L/B)
23/16 cm
Übersetzt von
Carlos Acevedo
ISBN
978-84-16-72150-4
As probas indican que as experiencias nos espazos naturaispoden paliar os síntomas do trastorno por déficit de atencióncon hiperactividade, mitigar a depresión e a ansiedade,axudar a previr ou reducir a obesidade e a miopía,reforzar o sistema inmune e reportar moitas outras vantaxespara a saúde física e psicolóxica. Ademais, o tempo que se pasana natureza tamén pode mellorar a socialización e reducira violencia social, estimular a aprendizaxe e a creatividade,reforzar a ética conservacionista?Richard Louv sostén que o aumento galopante da tecnoloxíaprovocou a aparición do denominado trastorno por déficitde natureza. Acostumados durante milleiros de anos de evolucióna adaptarnos a unha contorna, nos últimos tempos cambiamoso medio natural pola cidade; da comunidade rural pasamosa unha sociedade altamente urbanizada. Esta situación produce desordes nas funcións fisiolóxicas e psicolóxicas, agravadas segundo aumenta a exposición á velocidade e á hiperestimulacióndos avances tecnolóxicos. O cerebro de nenos e mozos habituousea manexar aplicacións en dispositivos móbiles e a consultar Internetnun ordenador portátil mentres simultaneamente escoitanou ven series de televisión; para eles, a natureza tense reducidoa un estímulo lento.
Noch keine Bewertungen vorhanden
Verfassen Sie die erste Bewertung zu diesem Artikel
Helfen Sie anderen Kundinnen und Kunden durch Ihre Meinung.