Beschreibung
Produktdetails
Format
ePUB
Kopierschutz
Ja
Family Sharing
Ja
Text-to-Speech
Ja
Erscheinungsdatum
11.02.2016
Verlag
Edicións XeraisSeitenzahl
200 (Printausgabe)
Dateigröße
1804 KB
EAN
9788499146379
Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non pode imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino agochou no peto do morto está a piques de mudarlle a vida. Aquel click, das primeiras series da desaparecida Famobil, é o único fío que parece unir este asasinato co do garda civil rescatado por un pesqueiro de Cangas. E cos cadáveres que, ao longo dos días seguintes, irán aparecendo na ría de Vigo. Pero ninguén máis o sabe. Sobre a mesa de Marta Vilas comezan a amorearse os xoguetes de colección. Un click motorista roubado do peto dun motorista, un click garda civil atopado preto do corpo dun membro da benemérita, un click pirata esquecido no coche dun informático asasinado... Para a xornalista, apartada da sección de Sucesos por diferenzas co redactor xefe do seu diario, descubrir a identidade do criminal convértese nunha obsesión. Aínda que nunca poderá contar todo o que sabe. Trepidante e por momentos divertida, Sete Caveiras fía unha serie de asasinatos en escenarios reais con sinalados acontecementos dos anos oitenta. Esta novela, tamén homenaxe da autora á profesión xornalística, tece unha engaiolante trama de intriga con banda sonora da Movida.
Kundinnen und Kunden meinen
Verfassen Sie die erste Bewertung zu diesem Artikel
Helfen Sie anderen Kund*innen durch Ihre Meinung